saltar ao contido

Exposición A Nosa Arte

A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.

En definitiva, esta mostra constitúe un espello dobre para toda a cidadanía galega: atopará un reflexo da súa identidade, que cobra forma de artefacto artístico, pero tamén de proximidade institucional. O propósito é democratizar a arte e achegala a toda a cidadanía, seguindo o espírito aperturista e integrador que leva consigo o propio Parlamento.


Vídeo promocional exposición A NOSA ARTE en Pontevedra

saltar ao pe de páxina