saltar ao contido

A presidenta do Parlamento recibe ao embaixador de Xapón en España

Santiago, 5 de xuño de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá ao embaixador de Xapón en España, Satoru Satoh, no marco dunha visita que o diplomático nipón efectua a esta Comunidade Autónoma.
 
Pilar Rojo aproveitou a visita para trasladar ao diplomático xaponés o desexo dunha pronta recuperación do país dos efectos do terremoto e o tsunami que asolou a costa noreste de Xapón en marzo de 2011.
 
Durante a visita á Cámara autonómica, o embaixador de Xapón asinou no libro de ouro do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina