saltar ao contido

O Parlamento de Galicia elixe aos seus representantes nos consellos sociais das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela

Santiago, 28 de xuño de 2016.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta mañá aos representantes da Cámara autonómica nos consellos sociais das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, cubrindo así as vacantes por expiración do mandato.

Para o Consello Social da Universidade de Vigo, o Parlamento de Galicia elixou a Xosé Manuel Atanes Limia (proposto polo Grupo Parlamentario polo BNG); a Javier Casares Mouriño e Mercedes Castro Mouzo (por proposta do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia); e a Jesús Graña Nogueiras, María Elvira Larriba Leira e Natalia Zunzunegui Garrido (a proposta do Grupo Parlamentario Popular).

Os representantes do Parlamento de Galicia no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela serán Mercedes Paula Alvarellos Fondo e Xerardo Denís Felipe Estévez Fernández (propostos polo Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia); Juan Luis Castro Rodríguez, Manuel Lolo Aira e Manuel Martín García (por proposta do Grupo Parlamentario Popular); e Jesús Couceiro Rivas (proposto polo Grupo Parlamentario do BNG).

O artigo 77 da Lei 6/2013, do Sistema Universitario de Galicia, sinala que ao Parlamento de Galicia lle corresponde a designación de seis membros de cada consello social das universidades galegas.
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina