saltar ao contido

Declaración institucional do Parlamento de Galicia ao se cumpriren 80 anos do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936


O Parlamento de Galicia, ao se cumprir o 80 aniversario  dos tráxicos  acontecementos que provocaron a Guerra Civil e a posterior ditadura franquista, quere reiterar a súa condena ao golpe de Estado perpetrado por Franco o 18 de xullo de 1936, ao réxime ditatorial consecuencia deste golpe de Estado e aos crimes e represións exercidos sobre as persoas vencidas.
 
Así mesmo, o Parlamento de Galicia reitera a importancia de proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das vítimas da represión exercida na Guerra Civil e durante o franquismo, eliminar os símbolos, as denominacións e as referencias franquistas de rúas e edificios públicos, así como a colaborar na identificación dos desaparecidos e soterrados en fosas comúns durante a ditadura franquista.
 
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2016

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina