saltar ao contido

Acordo da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 2-12-2016


A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos na súa sesión do día 1 de decembro de 2016, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 352 (10/PNC-000001)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da continuación dos trámites necesarios para a construción do proxecto denominado “"Saída sur ferroviaria da cidade de Vigo”" co desvío do paso do tren polo centro do Porriño
BOPG n.º 6, do 03.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que demande ao Goberno de España, a continuación dos trámites administrativos e técnicos necesarios para afrontar a construción da coñecida como Saída sur ferroviaria da cidade de Vigo, que implique o desvío do paso do tren polo centro do Porriño e que esta nova infraestrutura teña prestacións de alta velocidade e que se coordine co goberno portugués."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina