saltar ao contido

Acordos da 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 23 de marzo de 2017

 
 
A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 23 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 4830 (10/PNC-000467)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre as xestións que debe realizar o Goberno galego diante da Unión Europea en relación co tipo de botiquín de medicamentos exixido para as embarcacións da frota de baixura
BOPG n.º 66, do 15.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse á Unión Europea para explicar a realidade da flota de baixura a efectos de que se simplifiquen as esixencias, en torno aos botiquíns, adecuándoas ás circunstancias de proximidade, inmediata asistencia médica e limitación de espazo a bordo das nosas embarcacións."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 3238 (10/PNC-000320)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para evitar a situación de inseguridade existente para os mariñeiros e embarcacións no porto de Corcubión
BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que, á vista da situación de risco que se produce no porto de Corcubión debido á problemática de abrigo, profundice e axilice os traballos na procura de solución necesarias para paliar a situación de inseguridade, e ofreza aos mariñeiros e ás súas embarcacións un refuxio fiable e adecuado."
 
- 3751 (10/PNC-000353)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno do Estado coa empresa Alcoa destinadas a abrir ao tráfico comercial o dique norte do porto comercial de San Cibrao
BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que demande do Goberno do Estado a realizar as negociacións oportunas diante da empresa multinacional Alcoa para abrir ao tráfico comercial o dique norte do porto comercial de San Cibrao que leva anos en desuso posto que a empresa multinacional só utiliza o dique sur."
 

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 4404 (10/PNC-000417)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da ratificación do Convenio 188 da Organización Internacional do Traballo, referido ás condicións de emprego, traballo e vida a bordo das persoas que traballan nos barcos de pesca
BOPG n.º 62, do 08.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que se dirixa ao Goberno central e lle esixa que de forma inmediata ratifique o Convenio 188 da OIT."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina