saltar ao contido

Medio cento de alumnos do IES Luis Seoane de Pontevedra visitan o Parlamento de Galicia

 
Medio cento de alumnos do IES Luis Seoane de Pontevedra visitan o Parlamento de Galicia
 
• Foron recibidos pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo Noguera, que lles amosou o seu despacho e os convidou a coñecer o funcionamento das institucións autonómicas

Santiago, 18 de novembro de 2011.- Medio cento de alumnos do IES Luis Seoane, de Pontevedra, acompañados por un grupo de profesores do centro, visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia no marco do programa de visitas guiadas á institución.
 
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo Noguera, recibiu ao grupo no seu despacho da Cámara e agradeceu a visita, ao tempo que convidou aos escolares participantes nesta actividade a afondar no coñecemento das institucións autonómicas.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina