saltar ao contido

Acordos da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 12 de abril de 2017

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 12 de abril de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 5569 (10/PNC-000535)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co apoio e a defensa do sector lácteo de Galicia nos ámbitos nacional e europeo
BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Continuar no apoio do noso sector lácteo mediante o mantemento das medidas e axudas xa implantadas.
 
2.- Manter o seu papel activo na defensa do sector lácteo, tanto no ámbito nacional coma no da Comunidade Europea."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 4522 (10/PNC-000433)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Quiroga Díaz, José Antonio e 2 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego do Plan de xestión do lobo no ano 2017
BOPG n.º 66, do 15.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a revisar e actualizar o Plan de xestión do lobo, e a profundizar na execución do Plan do lobo de 2009, no ano 2017."
 
- 6034 (10/PNC-000596)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas necesidades de persoal cualificado existentes nas explotacións gandeiras de vacún de leite, así como de formación específica para as persoas propietarias en materia de xestión de equipos e tarefas
BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
- Manter a interlocución necesaria cos sectores de vacún de leite e carne para diagnosticar as necesidades en materia de formación en traballadores e traballadoras así como formación tamén específica para persoas propietarias das devanditas explotacións.
 
- Reforzar a formación específica para os gandeiros e gandeiras así coma ó persoal asalariado das explotacións de leite e carne."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina