saltar ao contido

Acordo da Comisión 7ª., Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 26 de maio de 2017

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 26 de maio de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 8726 (10/PNC-000923)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación cos danos ocasionados pola xeada, na última semana do mes de abril de 2017, nos viñedos das denominacións de orixe da provincia de Ourense
BOPG n.º 115, do 18.05.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Que habilite todos os mecanismos ao seu alcance para que técnicos especializados poidan asesorar convenientemente aos viticultores nos labores de repoda e recuperación dos viñedos.
 
2. Que realice todas as actuacións precisas para a consideración das xeadas da última semana de abril de 2017 como “fenómeno climático adverso” na terminoloxía das directrices europeas aplicables, como paso previo á posible concesión de axudas aos produtores afectados e destinadas á reparación dos danos causados.
 
3. Que se dirixa ao Goberno español para que o Ministerio de Hacienda tome en consideración os danos causados polas xeadas a efectos de minorar o rendemento resultante do método de estimación obxectiva aplicable no IRPF dos viticultores afectados nos anos 2017 y 2018.
 
4. Que se dirixa ao Goberno español para que a Seguridade Social tome en consideración os danos causados polas xeadas a efectos de establecer bonificacións ou moratorias sen intereses nos pagos a este organismo que deban  facer os viticultores afectados nos anos 2017 e 2018.
 
5. Que en colaboración coas entidades financeiras públicas ou privadas establezan convenios que permitan financiar a perda de ingresos dos viticultores afectados en máis dun 50% da súa produción, habilitando préstamos a custe cero e con prazos adecuados de devolución.
 
6. Impulsar de maneira decidida a contratación de seguros contra xeadas e outros riscos excepcionais que afectan ás explotacións agrícolas.
 
7. Que nas axudas para a mellora das explotacións agrícolas se prime especialmente a implantación de sistemas anti xeadas.
 
8. Que nas axudas para plantación de novos viñedos se conceda prioridade ás plantacións que se realicen naquelas zonas que polas súas características de altitude, orientación e ventilación estean menos expostas ás xeadas.
 
9. Que na concesión de dereitos de plantación se conceda prioridade as plantacións que se realicen naquelas zonas que polas súas características de altitude, orientación e ventilación estean menos expostas ás xeadas”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina