saltar ao contido

Santalices recibe no Parlamento aos gañadores do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción escolar


 

Sanmtiago, 12 de xuño de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu hoxe na Cámara a alumnado de ESO dos centros  Padre Feijóo-Zorelle, de Ourense, e do Sagrado Corazón do Carballiño, gañadores do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia, convocado pola Deputación de Ourense nas modalidades de debuxo e redacción escolar.
 
Durante o encontro, Miguel Santalices explicou aos escolares a historia e o funcionamento da institución e respondeu ás preguntas formuladas polo alumnado.
 
A visita ao Parlamento, xunto con outras actividades de carácter cultural, era un dos premios contemplados nas bases da convocatoria.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina