saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª., Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do día 16 de xuño de 2017

A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 16 de xuño de 2017, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 6615 (10/PNC-000669)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 5 máis
Sobre a difusión polo Goberno galego entre os concellos da posibilidade de que a Xunta de Galicia colabore nos procesos selectivos de policías locais, establecida na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais, así como a realización do desenvolvemento regulamentario preciso para a implantación no ano 2018 da primeira convocatoria centralizada
BOPG n.º 87, do 22.03.2017

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:

1º.- Realizar a maior difusión entre os concellos de Galicia da posibilidade de contar coa colaboración da Xunta de Galicia nos procesos selectivos de polícias locais, cara a continuar coa mellor profesionalización destes corpos.

2º.-  Realizar  o  desenvolvemento  regulamentario  necesario  no  prazo  mais  áxil
posible para implantar en 2018 a primeira convocatoria centralizada”.


- 9595 (10/PNC-001003)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co uso de toponimia galega deturpada por organismos e institucións oficiais, así como pola empresa Google na aplicación Google Maps
BOPG n.º 124, do 07.06.2017

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a:

1. Dirixirse ao Goberno español para amosar formalmente o rexeitamento ao uso por parte de organismos e institucións oficiais de toponimia ilegal lembrando que a única forma oficial é a galega.

2. Dirixirse á empresa Google formalmente para instar a que sexan corrixidos os topónimos da súa aplicación Google Maps restituíndoos á súa forma legal.”

 


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina