saltar ao contido

Acordos da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 15 de setembro de 2017

 
A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 15 de setembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 6832 (10/PNC-000693)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre a colaboración do Goberno galego co Goberno central para promover a simplificación normativa no eido marítimo-pesqueiro e crear os instrumentos axeitados que permitan a consulta sinxela e por temas específicos de toda a normativa europea, estatal e autonómica en materia pesqueira nun espazo virtual no que permanezan constantemente actualizadas
BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
Sométese a votación xunto coa emenda de adición do G.P. dos Socialistas de Galicia doc. núm. 16623 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Colaborar co Goberno de España para promover a simplificación normativa no eido marítimo pesqueiro e para crear os instrumentos axeitados que permitan a consulta sinxela e por temas específicos de toda a normativa europea, estatal e autonómica en materia pesqueira nun único espazo virtual no que estes textos permanezan constantemente actualizados, que contemplará entre outros aspectos: estatísticas pesqueiras, táboas de mareas, un espazo para formación, vedas e tallas mínimas, subvencións, información relativa a confrarías, peches de pesquerías, etc.
2. Dotar nos orzamentos de 2018 una partida para contribuír á creación deste espazo virtual único."

- 9608 (10/PNC-001007)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia destinadas a apoiar a expansión dos productos pesqueiros galegos nos mercados exteriores, así como ao mantemento e fortalecemento de medidas de estruturación e competitividade do sector transformador de produtos do mar
BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
Sométese a votación xunto coa emenda de adición do G.P. do Bloque Nacionalista Galego doc. núm. 16624 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas
presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte :
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Continuar na liña de apoio á expansión dos produtos pesqueiros galegos nos mercados exteriores, e que se manteñan e fortalezan as medidas de estruturación e competitividade do sector transformador de produtos do mar.
 
2. Realizar un control exhaustivo para as importacións de productos do mar, tanto para impedir a superación do cupo asignado como para seguir a trazabilidade e garantir que eses productos de importación non sexan pasados por galegos.
 
3. Reclamar do Goberno español e da Unión Europea a modificación do Regulamento (CE) nº 605/2013 sobre cerceamento das aletas dos tiburóns en buques palangreiros, e adaptalo á realidade das flotas regulables e sostibles, como a galega, que comercializan principalmente o corpo do escualo.
 
4. Poñer en marcha de inmediato todas as acción precisas para que as exportacións de productos do mar deixen de realizarse de xeito maioritario desde os aeroportos de Vitoria-Gasteiz ou Zaragoza, e se realicen a través dun aeroporto galego."

- 11081 (10/PNC-001154)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Toja Suárez, María Dolores
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa presentación de Galicia como candidatura formal de España para o acollemento do Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos, tras a saída de Gran Bretaña da Unión Europea
BOPG n.º 140, do 05.07.2017
 
Sométese a votación xunto coa emenda de modificación do G.P. de En Marea doc. núm. 16606 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a realizar todas as accións necesarias para constituír a mellor candidatura formal do Estado para que Galicia acolla o Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos, definir a proposta concreta do concello candidato e constituír un grupo de traballo conxunto de todas as administracións implicadas (Estado, Comunidade Autónoma, Deputación Provincial e Concello) para traballar de maneira colaborativa en conquerir a chegada de dito laboratorio."

- 14716 (10/PNC-001312)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central así como a actuación que debe levar a cabo en relación coa inclusión das persoas percebeiras, mariscadoras, redeiras e outras que non realicen a súa actividade a bordo de embarcacións na lexislación estatal que regula a concesión de prestacións asistenciais para traballadores do mar
BOPG n.º 170, do 06.09.2017
 
Sométese a votación a transacción coa emenda de substitución do G.P. Popular de Galicia doc. núm. 16614, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:
 
- Sumarse ao acordo do Consello Galego de Pesca e esixir do Goberno do Estado a modificación da actual lexislación que regula a concesión de prestacións asistenciais para traballadores do mar que iniclúan os/as percebeiros/as, mariscadoras, redeiras e outros casos que non realicen a súa actividade a bordo de embarcación.
 
- Presentar un recurso contra o ISM para que con carácter retroactivo se lles recoñeza os dereitos aos familiares que sufriron estes tráxicos sucesos."

- 14783 (10/PNC-001314)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas negociacións para a renovación do actual acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Guinea Bissau
BOPG n.º 170, do 06.09.2017
 
Sométese a votación xunto coa emenda de adición do G.P. dos Socialistas de Galicia doc. núm. 16620 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal,  é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Dirixirse ao Goberno central para que inste a Unión Europea á apertura dunha nova rolda de negociacións entre a Unión Europea e Guinea-Bissau, co obxectivo da renovación e mellora do acordo bilateral de pesca que expira o 23/11/2017.
 
2. Dirixirse ao Goberno central para que inste a Unión Europea a que lle esixa a China que leve a cabo as prácticas pesqueiras de maneira legal."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 9006 (10/PNC-000945)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
Sobre a realización de xestións polo Goberno galego co Goberno central para a execución, entre outras medidas, da sinalización de bateas e outros elementos flotantes que impliquen risco de accidente por impacto para a navegación
BOPG n.º 117, do 24.05.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a realizar, á maior brevidade posible, as xestións necesarias co Goberno do Estado para poder acometer, entre outras medidas, a sinalización de bateas e outros artefactos flotantes que impliquen risco para a navegación, coa finalidade de previr accidentes por causa de impacto contra elementos flotantes."

- 11797 (10/PNC-001185)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre a realización polo Goberno galego de todas as actuacións precisas para a ampliación da lonxa do Grove segundo as demandas formuladas pola Confraría de Pescadores ao respecto
BOPG n.º 144, do 12.07.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a levar a cabo todas as accións precisas para ampliar a lonxa de O Grove, de forma que se satisfagan as necesidades mostradas pola Confraría."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina