saltar ao contido

O embaixador de Ecuador visita o Parlamento de Galicia

 
• O presidente da Cámara, Miguel Santalices, fai votos polo fortalecemento das relación bilaterais

Santiago, 7 de novembro de 2017.- O embaixador do Ecuador en España, Cristóbal Roldán Cobo, efectuou hoxe unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde se entrevistou co titular da institución, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Durante a entrevista, Santalices Vieira interesouse pola realidade de Ecuador, fixo votos polo fortalecemento das relacións bilaterais e desexou ao diplomático ecuatoriano unha xestión exitosa á fronte da Embaixada do seu país en España.
 
O embaixador de Ecuador asinou no Libro de Ouro do Parlamento de Galicia e, xunto cos seus acompañantes, tivo ocasión de coñecer a sede da Cámara galega.
 
O diplomático acudiu acompañado por Christian Espinosa Andrade, conselleiro da Embaixada, e por Adriano Marques de Magallanes e Alejandro Marques de Magallanes, cónsul xeral e cónsul Ad-honorem de Ecuador en Vigo, respectivamente.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina