saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 23 de xaneiro de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 23 de xaneiro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de xaneiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Comparecencias
 
1.1 18547 (10/CPP-000036)
 Da Sra. conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, por petición propia, para dar conta da súa política en materia de paisaxe e ordenación do territorio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 191, do 11.10.2017
 
1.2 23187 (10/CPP-000044)
 Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, para informar sobre o avance do peche do exercicio 2017, o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, e as principais liñas de actuación para o presente exercicio
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 21754 (10/MOC-000064)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa rexeneración ambiental das zonas protexidas afectadas polos incendios forestais (Moción consecuencia da Interpelación nº 19155, publicada no BOPG nº 199 do 24/19/2017, debatida na sesión plenaria do 19/12/2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 234, do 29.12.2017
 
2.2 21755 (10/MOC-000065)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa recuperación das condicións laborais do persoal do sector público autonómico (Moción consecuencia da Interpelación nº 20422, publicada no BOPG nº219 do 24/11/2017, debatida na sesión plenaria do 19/12/2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 234, do 29.12.2017
 
2.3 21756 (10/MOC-000066)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos e Villares Naveira, Luis
 Sobre a protección do medio ambiente e o lindano (Moción consecuencia da Interpelación nº 20946, publicada no BOPG nº223 do 05/12/2017, debatida na sesión plenaria do 19/12/2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 234, do 29.12.2017
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 3072 (10/PNP-000272)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación de saturación que padecen os servizos de urxencias dos centros hospitalarios, así como de atención primaria, do Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 48, do 19.01.2017
 
3.2 6769 (10/PNP-000597)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
 Sobre a continuación polo Goberno galego co desenvolvemento de actuacións para a posta en común con outras rexións e frotas pesqueiras das experiencias e dos coñecementos obtidos en relación coa problemática dos descartes, con especial atención á súa refundición e ao traslado á Comisión Europea das demandas para a adaptación da normativa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
3.3 20352 (10/PNP-001513)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir o dereito do alumnado con trastorno do espectro do autismo a unha educación inclusiva no sistema público de ensinanza
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 219, do 29.11.2017
 
3.4 20698 (10/PNP-001542)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 11 máis
 Sobre as actuacións da Xunta de Galicia tendentes á construción dun centro de saúde no edificio do mercado da Santa Lucía, no barrio da Falperra, na cidade da Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 222, do 04.12.2017
 
3.5 20708 (10/PNP-001543)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 6 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas á realización de campañas de concienciación e sensibilización sobre a violencia de xénero no ámbito rural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 222, do 04.12.2017
 
3.6 21105 (10/PNP-001586)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar a accesibilidade en todas as áreas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 226, do 14.12.2017
 
3.7 21276 (10/PNP-001599)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proxecto de transvasamento de auga do río Verdugo ao encoro de Eiras que está a tramitar Augas de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 229, do 19.12.2017
 
3.8 21534 (10/PNP-001615)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a elaboración e remisión polo Goberno galego ao Parlamento de Galicia dun plan de actuacións e medidas concretas destinadas a afrontar as dificultades que presenta o sector pesqueiro para propiciar o seu relevo xeracional
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 229, do 19.12.2017
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 20803 (10/INT-000695)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa suba das tarifas nas peaxes da AP-9
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 223, do 05.12.2017
 
4.2 21744 (10/INT-000741)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula e 13 máis
 Sobre a política da Xunta en materia de servizos sociais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
4.3 22065 (10/INT-000748)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre os problemas producidos pola saturación dos servizos de urxencias dos hospitais ante o aumento dos casos de gripe
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
5.1 23049 (10/POPX-000067)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto do impulso diante do Goberno central dunha axenda para Galicia
 
5.2 23105 (10/POPX-000068)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a avaliación do Goberno galego en relación coas recentes decisións do Goberno central que afectan ás finanzas das comunidades autónomas
 
5.3 23171 (10/POPX-000069)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre o alcance temporal das políticas de recortes que ocasionan colapsos e saturación nos servizos de urxencias dos hospitais galegos
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 21844 (10/POP-002573)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 14 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia con respecto ás estacións intermodais e as datas previstas para a súa realización
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
6.2 22170 (10/POP-002633)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia da seguridade das novas pasarelas da ponte de Rande
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
6.3 23170 (10/PUP-000138)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da suspensión cautelar das sondaxes mineiras e demais labores que está a realizar a empresa Sociedad Cobre San Rafael nos concellos de Touro e do Pino, mentres non se garanta o abastecemento de auga na zona
 
6.4 23165 (10/PUP-000135)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as xestións realizadas pola Xunta de Galicia desde o 17 de outubro de 2017 para garantir a viabilidade e a continuidade da empresa Maderas Iglesias, S.A., na zona sur da provincia de Pontevedra
 
6.5 20307 (10/POP-002413)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e 2 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para recuperar as dúas pías medievais pertencentes á igrexa de San Xián de Moraime, no concello de Muxía
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 22.11.2017
 
6.6 21728 (10/POP-002549)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 4 máis
 Sobre as medidas que ten previsto adoptar o Goberno galego para preservar o patrimonio artístico, documental e bibliográfico do Centro Gallego de Buenos Aires
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 234, do 29.12.2017
 
6.7 21996 (10/POP-002610)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre as medidas que adoptou ou prevé adoptar a Xunta de Galicia para garantir a titularidade galega do patrimonio cultural do Centro Galego de Buenos Aires así como para a súa protección e posta en valor
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
6.8 22681 (10/PUP-000133)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da situación actual do Centro Gallego de Bos Aires
 
6.9 16918 (10/POP-002128)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto do recoñecemento das competencias profesionais e a formación necesaria para a adquisición do título de Técnico ou Técnica Superior en Electromedicina Clínica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 182, do 27.09.2017
 
6.10 21610 (10/POP-002541)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a información proporcionada pola Xunta de Galicia en relación cos convenios subscritos polo Sergas cunha empresa fabricante de equipos médicos e especializada en tecnoloxía
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 234, do 29.12.2017
 
6.11 23168 (10/PUP-000136) (c.e. 23191)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre as razóns do Goberno galego para acordar a redución do número de camas no novo edificio do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
 
6.12 23169 (10/PUP-000137)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 6 máis
 Sobre a situación a día de hoxe e as medidas adoptadas polo Goberno galego para afrontar a epidemia de gripe nos centros hospitalarios
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
 
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina