saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 20 de febreiro de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 20 de febreiro de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 13 de febreiro de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1.     Debate e votación do ditame e das propostas de resolución aprobados na Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas, en relación cos informes de fiscalización das contas do sector público de Galicia contidos na memoria de actividades de 2016 (conta xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2015) (doc. núm. 12941, 10/ICON-000001)
Publicación do ditame e das propostas aprobadas, BOPG n.º 252, do 02.02.2018
 
Punto 2. Textos lexislativos
 
Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario de En Marea, para a derrogación da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia (10/PPL-000011)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 229, do 19.12.2017
 
Punto 3. Comparecencias
 
 26036 (10/CPP-000047)
 Do Sr. conselleiro de Política Social, por petición propia, para dar conta sobre as medidas de protección á infancia en Galicia
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 25942 (10/MOC-000070)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas listas de espera non estruturais do Sergas. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 15770, publicada no BOPG n.º 174, do 13.09.2017, e debatida na sesión plenaria do 06.02.2018)
 
4.2 25949 (10/MOC-000071)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación co investimento en Galicia previsto no Proxecto de orzamentos do Estado para 2017, así como os traballos e as conclusións da Comisión de Seguimento dos Orzamentos do Estado. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 22234, publicada no BOPG n.º 236, do 10.01.2018, e debatida na sesión plenaria do 06.02.2018)
 
4.3 25952 (10/MOC-000072)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co acceso ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 8083, publicada no BOPG n.º 105, do 26.04.2017, e debatida na sesión plenaria do 06.02.2018)
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 7071 (10/PNP-000633)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa prestación de asistencia persoal para garantir o dereito á vida independente das persoas con diversidade funcional
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
 
5.2 10214 (10/PNP-001764)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 de iniciativa popular, sobre as medidas que debe impulsar a Xunta de Galicia, diante do Goberno central, en relación coa protección dos viticultores do ámbito dos consellos reguladores da Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras afectados polas xeadas acaecidas nos últimos días de abril de 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 252, do 02.02.2018
 
5.3 15181 (10/PNP-001198)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a constitución no Parlamento de Galicia dunha ponencia específica para a análise e a elaboración dunha proposta sobre o novo marco político e institucional de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 174, do 13.09.2017
 
5.4 19842 (10/PNP-001472)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
 Sobre a introdución na etiquetaxe do selo “"pescadeRías ¿de onde se non?" do prezo pagado por quilo ao mariñeiro ou mariscadora, así como dun código QR que leve directamente ao apartado de trazabilidade do produto na páxina web www.deondesenon.xunta.gal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 211, do 15.11.2017
 
5.5 24277 (10/PNP-001753)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa inclusión das enfermidades minoritarias ou raras consideradas graves e os casos deste tipo en proceso de diagnóstico na listaxe de enfermidades reflectidas no anexo do Real decreto 1149/2011, así como a introdución neste das modificacións necesarias co fin de definir o que se considera coidado directo, continuo e permanente para os efectos dunha prestación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
5.6 24628 (10/PNP-001771)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Castiñeira Broz, Jaime e 7 máis
 Sobre a inclusión pola Xunta de Galicia da construción modular de vivendas no seu Programa de vivenda de promoción pública
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
5.7 24683 (10/PNP-001775)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación co feminismo galego e a convocatoria de folga de mulleres prevista para o día 8 de marzo de 2018 para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
5.8 24725 (10/PNP-001776)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
 Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para evitar a desigualdade de trato entre empregados públicos autonómicos fixos e temporais, conforme á doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
5.9 24866 (10/PNP-001781)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pazos Couñago, José Alberto e 7 máis
 Sobre a presentación pola Xunta de Galicia, no primeiro cuadrimestre de 2018, dun balance da execución do III Plan director da cooperación galega 2014-2017, a elaboración dun novo plan director para o período 2018-2021, así como a inclusión da acción humanitaria de calidade entre as súas orientacións estratéxicas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 20395 (10/INT-000675)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co remate dos procesos de concentración parcelaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 219, do 29.11.2017
 
6.2 23197 (10/INT-000774)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Fernández, Raúl e 7 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co Plan extraordinario de estradas do Goberno central
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
6.3 24390 (10/INT-000805)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa reforma do sistema de financiamento autonómico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
7.1 26038 (10/POPX-000073)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a opinión do Goberno galego en relación coa folga convocada para o día 8 de marzo de 2018, tendo en conta a discriminación laboral e social que padecen as mulleres
 
7.2 26039 (10/POPX-000074)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a xestión que está a levar a cabo o Goberno galego en relación cos seus compromisos con Galicia
 
7.3 26040 (10/POPX-000075)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre o horizonte temporal da política de propaganda que está a levar a cabo o executivo galego en relación coa súa acción de goberno
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 26030 (10/PUP-000145)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coas demandas dos traballadores da Administración de xustiza en Galicia
 
8.2 26032 (10/PUP-000146)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as medidas adoptadas ou previstas pola Xunta de Galicia en relación coas supostas irregularidades existentes na xestión do vertedoiro da canteira de Miramontes, na parroquia de Grixoa, no concello de Santiago de Compostela
 
8.3 23974 (10/POP-002900)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
 Sobre o coñecemento polo Goberno galego das previsións futuras do Goberno do Estado respecto dos ferrocarrís de vía estreita en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 251, do 01.02.2018
 
8.4 21925 (10/POP-002598)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 6 máis
 Sobre a valoración que fai a Xunta de Galicia do programa Bono Alugueiro Social desde a súa posta en marcha
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 236, do 10.01.2018
 
8.5 22706 (10/POP-002736)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre a avaliación da Xunta de Galicia respecto do investimento levado a cabo polas administracións públicas nos últimos anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241, do 17.01.2018
  
8.6 22765 (10/POP-002743)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto do balance de prexuízos-beneficios da instalación do parque eólico de Mouriños
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241, do 17.01.2018
 
8.7 24936 (10/POP-002994)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as medidas que vai adoptar a Consellería de Industria destinadas a garantir a viabilidade e a continuidade da empresa Maderas Iglesias S.A.
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
8.8 26037 (10/PUP-000147)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco e Vázquez Verao, Paula
 Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para paliar a pobreza enerxética
 
8.9 25432 (10/PUP-000144)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
 Sobre o contido do último informe da Comisión de control e seguimento do Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina