saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 1 de marzo de 2018,

A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos., na súa sesión do 1 de marzo de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 23399 (10/PNC-001864)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e sete deputados/as máis
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia da construción da pasarela e do itinerario peonil e ciclista entre Agrela e Marineda, no concello da Coruña, así como as demandas que debe realizar ao Concello da Coruña en relación coa obra que se está a executar ao longo da avenida de Arteixo
BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 8 votos a favor, 0 votos en contra e 4 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento Galego insta a Xunta de Galicia a:
 
-Iniciar a construción da pasarela e o itinerario peonil e
ciclista entre Agrela e Marineda no concello da Coruña o máis axiña posible co obxectivo de que estea rematada no ano 2018.
 
-Dirixirse ao concello da Coruña para que actúe no seu ámbito competencial para dar continuidade á obra que executa a Xunta cara á cidade, ao longo da Avenida de Arteixo, para conectar cun itinerario peonil accesible esta infraestrutura cara o centro da Coruña."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 21189 (10/PNC-001743)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia, aos países que levaron a cabo vertidos de residuos nucleares preto das costas galegas, da súa vixilancia estrita e constante, así como da emisión de informes do seu impacto ambiental
BOPG n.º 226, do 14.12.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que faga as xestións pertinentes ante as institucións europeas e os países responsables dos vertidos, que permitan asegurar a vixiancia dos vertidos nucleares na Foxa Altántica, así como obter información que garanta que non están tendo impacto no medio ambiente, e a realizar todas as xestións políticas ao seu alcance para conquerir estes obxectivos."
 
- 23712 (10/PNC-001877)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e cinco deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos campionatos e a Supercopa Galega de Caza do Raposo
BOPG n.º 251, do 01.02.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Instar o Goberno central a iniciar un debate sobre a realización das competicións de caza do raposo, tanto no ámbito cinexético como no deportivo.
 
2. Non subvencionar estas actividades, non apoialas nin participar na súa promoción e desenvolvemento.
3. Que ningún cargo público nin representante da administración galega asista aos actos relacionados con esta inxustificada competición de norte de fauna silvestre".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina