saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª. Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 24-01-2019

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 24 de xaneiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 40469 (10/PNC-003269)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación cos prexuízos ocasionados ás persoas usuarias da AP-9 polas retencións rexistradas na autoestrada como consecuencia das obras de ampliación da ponte de Rande
BOPG n.º 390, do 28.11.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento e a AUDASA para establecer un procedemento áxil e sinxelo para tramitar as reclamacións á AUDASA das persoas usuarias da autoestrada AP-9 que se viron afectadas polas retencións causadas polas obras de ampliación da ponte de Rande.
 
Asemade, insta ao goberno galego a que demande do goberno do Estado o establecemento dun protocolo que obrigue ao levantamento das barreiras das peaxes cando se produzan retencións que causen prexuízos de perda de tempo e diñeiro ás persoas usuarias das autoestradas."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 38276 (10/PNC-003068)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 11 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Ministerio de Fomento e a Renfe de manter a carga de traballo do taller de mantemento de material de Renfe de Monforte de Lemos, así como de contratar o persoal necesario para compensar as baixas por xubilación
BOPG n.º 371, do 16.10.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento e a RENFE, a fin de que manteñan a carga de traballo do taller de mantemento de material de Monforte, e contraten o persoal necesario para compensar as baixas por retiro, de maneira que poidan manter e atender esa carga de traballo en tempo e forma, e en condicións laborais axeitadas”.
 
- 41430 (10/PNC-003369)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central relativa á defensa da inclusión da conexión Vigo-Oporto no Corredor Atlántico, dentro do proceso de reforma dos regulamentos UE 1315/2013 e 1316/2013 do Parlamento e do Consello Europeo
BOPG n.º 397, do 13.12.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que inste ao Goberno español á defensa da inclusión da conexión Vigo-Porto no Corredor Atlántico dentro do proceso de reforma regulamentaria dos Regulamentos UE 1315/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 11 de decembro de 2013 sobre as orientacións da Unión para o desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transporte,  e  1316/2013  do  Parlamento  Europeo  e  do  Consello  do  11  de decembro de 2013 polo que se crea o Mecanismo “Conectar Europa”.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina