saltar ao contido

O presidente do Parlamento recorda que “sen seguridade xurídica non hai democracia posible”

 
• Santalices Vieira participou esta tarde na inauguración do XVII Congreso Anual da Asociación de Constitucionalistas de España
 
Santiago, 4 de abril de 2019.- O titular do Lexislativo galego, Miguel Ángel Santalices Vieira, recordou esta tarde que “nin unha soa das decisións que cada día adoptamos no Parlamento de Galicia seguen o seu curso sen contar  co preceptivo respaldo dos servizos xurídicos da Cámara, porque sen seguridade xurídica non hai democracia posible”.
 
A xuízo do presidente do Parlamento, estas salvagardas de seguridade xurídica, “lonxe de ser un feito illado, constitúen o proceder habitual da maioría das institucións”.
 
Santalices Vieira participou esta tarde no acto inaugural do XVII Congreso Anual da Asociación de Constitucionalistas de España, que se celebra na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.
 
Para o presidente da Cámara galega, “as catro décadas transcorridas desde a aprobación da vixente Constitución española constitúen a mellor e máis extensa experiencia de estabilidade, prosperidade e convivencia harmónica de toda a nosa historia”.
 
Agradeceu Santalices o “apoio sen fisuras” que os constitucionalistas españois veñen prestando ao ordenamento constitucional, así como a a súa “solidez argumental” no debate soberanista.

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina