saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 4 de decembro de 2019


 
4.4 56785 (10/PNP-004192)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre a reiteración polo Goberno galego diante do Goberno central da demanda de retirada da limitación das taxas de reposición de prazas para o sistema sanitario público
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 544, do 09.10.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reiterar a demanda ao Goberno de España da retirada da limitación das taxas de reposición de prazas para o Sistema Sanitario Público”.
 
4.8 58957 (10/PNP-004382)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 13 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da convocatoria de novas poxas de enerxías renovables para o aumento da potencia eólica instalada en Galicia así como da produción dese tipo de enerxías. Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 564, do 19.11.2019
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central a convocatoria de novas poxas de enerxías renovables para permitir aumentar a potencia eólica instalada en Galicia e, en consecuencia, a produción de enerxías renovables na nosa comunidade”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina