saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 27 de novembro de 2020


A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 27 de novembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 3991 (11/PNC-000465)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre a realización polo Goberno galego das obras necesarias para garantir a correcta ventilación e a seguridade para a saúde no Conservatorio de Música Manuel Quiroga, de Pontevedra
BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta a seguir coas adaptacións nas infraestruturas do Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, continuando coas adaptacións de todas as ventás exteriores para mellorar a ventilación e seguridade do centro no menor espazo de tempo e avaliar as necesidades técnicas do centro para dar cumprimento aos protocolos e plans anti-covid."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 4606 (11/PNC-000546)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis
Sobre a realización de xestións por parte do Goberno galego diante do Goberno central para a cesión ou doazón dos terreos e das instalacións do antigo colexio de Celeiro, co fin de iniciar as obras do seu acondicionamento e trasladar alí a Escola Oficial de Idiomas Luz Pozo Garza, de Viveiro
BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que acorde a cesión ou doazón, á maior brevidade, dos terreos e instalacións do antigo colexio de Celeiro (Viveiro) para iniciar as obras de acondicionamento do mesmo e trasladar alí a Escola Oficial de idiomas Luz Pozo Garza."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina