saltar ao contido

O Parlamento de Galicia designa aos seus representantes para defender no Congreso a Proposición de lei de transferencia da AP-9

 

Santiago, 26 de xaneiro de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta tarde a Diego Calvo Pouso (PPdeG), Ana Pontón Mondelo (BNG) e Gonzalo Caballero Miguez (PSdeG-PSOE) para defender, no Congreso dos Deputados, a toma en consideración da proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia.
 
O debate de toma en consideración desta proposición de lei, aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia, terá lugar no Pleno do Congreso dos Deputados previsto para o vindeiro 2 de febreiro, martes, a partir das 15,00 h.
 
Información complementaria
 
Convocatoria do Pleno do Congreso dos Deputados:
 
 
Tramitación do expediente no Parlamento de Galicia:
https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/10/PPLC-000002
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina