saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 9 de febreiro de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 9 de febreiro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de febreiro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos Lexislativos
 
1.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre o Proxecto de lei de residuos e solos contaminados de Galicia (doc. núm. 2625, 11/PL-00004)
 Publicación do ditame da comisión, BOPG n.º 87, do 02.02.2021
 Publicación de emendas e votos particulares BOPG n.º 87, do 02.02.2021
 
1.2 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 4ª, Educación e Cultura, sobre o Proxecto de lei de museos e outros centros museísticos de Galicia (doc. núm. 2795, 11/PL-000006)
 Publicación do ditame da comisión, BOPG n.º 87, do 02.02.2021
 Publicación de emendas e votos particulares BOPG n.º 87, do 02.02.2021
 
Punto 2. Comparecencia
 
 9547 (11/CPP-000038)
Do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento e actuacións fronte á covid
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 9322 (11/MOC-000022)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla
Sobre o impulso polo Goberno galego dun novo modelo de coidados de longa duración que aborde a atención á dependencia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 7388, publicada no BOPG n.º 73, do 11.01.2021, e debatida na sesión plenaria do 26.01.2021)
 
3.2 9364 (11/MOC-000023)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa campaña de vacinación para a covid-19. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 7367, publicada no BOPG n.º 73, do 11.01.2021, e debatida na sesión plenaria do 26.01.2021)
 
3.3 9367 (11/MOC-000024)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez López, Daniel
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co impacto da covid-19 no sector da hostalaría. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 4718, publicada no BOPG n.º 44, do 11.11.2020, e debatida na sesión plenaria do 26.01.2021)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 2612 (11/PNP-000260)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e aos grupos parlamentarios con representación nas Cortes Xerais en relación coa supresión ou modificación do artigo 18 do Proxecto de lei de cambio climático e transición enerxética, así como para acadar un consenso para que esta modificación ou calquera outra que se faga no futuro na Lei de costas se leve a cabo logo dun estudo e dun diálogo co complexo mar-industria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
 
4.2 4035 (11/PNP-000449)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a presentación polo Goberno galego, antes do remate do segundo período de sesións de 2020, dun plan de actuación e reactivación cultural para o ano 2021
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
4.3 7754 (11/PNP-000819)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre a situación da pesca galega logo do acordo entre a UE e o Reino Unido en relación co "Brexit"
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
 
4.4 8793 (11/PNP-000883)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en colaboración co Goberno do Estado tendentes a lograr que a empresa Gamesa-Siemens manteña a actividade da planta das Somozas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 27.01.2021
 
4.5 8808 (11/PNP-000885)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e 2 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia  para que utilice os mecanismos necesarios tendentes a desenvolver un plan de industrialización de Ferrolterra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 27.01.2021
 
4.6 8937 (11/PNP-000897)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa vacinación fronte á covid-19 das traballadoras e persoas usuarias do servizo de axuda no fogar, así como nos centros de día e de discapacidade.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 83, do 27.01.2021
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 6176 (11/INT-000415)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co financiamento local
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 63, do 16.12.2020
 
5.2 7888 (11/INT-000493)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as recomendacións de medidas máis restritivas da mobilidade e de reunión nas datas das festas de Nadal e os criterios que fundamentaron as decisións finais que tomou o Goberno galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
 
5.3 8569 (11/INT-000518)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa nova onda de contaxios de covid-19 e a estratexia de vacinación.
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 83, do 27.01.2021
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 9572 (11/POPX-000017)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre as actuacións que está a levar a cabo o Goberno galego para frear os efectos da terceira onda de covid-19
 
6.2 9573 (11/POPX-000018)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
Sobre a xestión do Goberno galego en relación coa defensa dos intereses de Galicia na distribución dos Fondos Next Generation
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 

7.1 6945 (11/POP-000825)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo
Sobre a necesaria recuperación do diálogo social coa Unidade de Policía Adscrita
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
 
7.2 7220 (11/POP-000885)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre as actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da situación das Pontes en relación co peche da central térmica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 73, do 11.01.2021
 
7.3 8452 (11/POP-001148)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
Sobre as previsións do Goberno galego respecto do incremento da partida orzamentaria destinada ao sector do comercio para o ano 2021 para garantir a súa liquidez
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 84, do 28.01.2021
 
7.4 8078 (11/POP-001220)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Calvo Pouso, Diego e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego sobre as subidas, dende o 1 de xaneiro deste ano, nas peaxes da AP-9
 
7.5 8104 (11/POP-001118)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre os intereses que poden mover o Goberno da Xunta a obviar o mantemento do tecido socioeconómico do concello de Folgoso do Courel ao convocar un concurso de transporte escolar que unifica as rutas en lotes que non responden ás necesidades do concello
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
 
7.6 7475 (11/POP-001183)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre o plan de ensino virtual para blindar o ensino no caso de confinamento parcial ou total dunha aula ou dun centro
 
7.7 9344 (11/PUP-000147)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, Xosé Luís
Sobre a vacinación supostamente irregular contra a covid-19 da alcaldesa de Boimorto na residencia de maiores dese municipio
 
7.8 9362 (11/PUP-000148)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
Sobre os vindeiros pasos previstos respecto das actuacións anunciadas no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
 
7.9 9570 (11/PUP-000153)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e Torrado Quintela, Julio
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego en relación coas informacións referidas a supostas irregularidades no proceso de vacinación contra a covid-19
 
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2021
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina