saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o o día 23 de febreiro de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 23 de febreiro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de febreiro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección dos seis vogais dos Consellos Sociais das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo (11/PVCS-000002, 11/PVCS-000001, 11/PVCS-000003)
 
Punto 2. Textos Lexislativos
 
2.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre a Proposición de lei de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (doc. núm. 6203, 11/PPL-000002)
 
2.2 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre a Proposición de lei de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (doc. núm. 5637, 11/PPL-000001)
 Publicación do ditame da Comisión, BOPG n.º 94, do 15.02.2021
 Publicación de emendas e votos particulares BOPG nº 94, do 15.02.2021
 
2.3 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre o Proxecto de lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia (doc. núm. 2794, 11/PL-000005)
 Publicación do ditame da Comisión, BOPG n.º 95, do 16.02.2021
 Publicación de emendas e votos particulares BOPG, nº 95, do 16.02.2021
 
Punto 3. Debate e votación das propostas de resolución formuladas á Primeira Revisión do Plan Forestal de Galicia (doc. núm. 8904, 11/PEP-000001) (docs. núm. 10470, 10471, 10472 e 10473)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 84, do 28.01.2021
 
Punto 4. Comparecencias
 
4.1 11053 (11/CPP-000041)
Do Sr. conselleiro de Sanidade, por petición propia, para informar sobre a evolución da incidencia da pandemia en Galicia no relativo á situación epidemiolóxica e asistencial e os avances no Plan Galego de Vacinación fronte á covid-19
Acumúlase na anterior a seguinte:
 
4.2 7465 (11/CPP-000035)
Do Sr. conselleiro de Sanidade, por solicitude dos 19 deputadas e deputados do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, para dar conta das medidas que está tomando a Xunta diante da evidencia de que Galicia está inmersa nunha terceira onda por contaxios de covid-19 e da estratexia de vacinación, que debería ser unha peza clave para evitar a transmisión de contaxios
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 13.01.2021
 
Punto 5. Mocións
 
5.1 10802 (11/MOC-000025)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Carreira Pazos, Iria
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa nova onda de contaxios de covid-19 e a estratexia de vacinación. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 8569, publicada no BOPG n.º 83, do 27.01.2021, e debatida na sesión plenaria do 09.02.2021)
 
5.2 10901 (11/MOC-000026)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co financiamento local. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 6176, publicada no BOPG n.º 63, do 16.12.2020, e debatida na sesión plenaria do 09.02.2021)
 
5.3 10913 (11/MOC-000027)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para a xestión da crise sanitaria provocada pola pandemia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 7888, publicada no BOPG n.º 79, do 20.01.2021, e debatida na sesión plenaria do 09.02.2021)
 
Punto 6. Proposicións non de lei
 
6.1 4762 (11/PNP-000541)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda por parte do Goberno galego ao Goberno central da encarga da construción dun buque de acción marítima para a Armada española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 44, do 11.11.2020
 
6.2 7861 (11/PNP-000822)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa repartición do fondo Covid da Unión Europea para a reactivación -Next Generation-
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
 
6.3 9767 (11/PNP-000977)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 3 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dun plan de choque destinado a rebaixar a fenda salarial existente entre as mulleres e os homes de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
6.4 9993 (11/PNP-000996)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre o impacto da pandemia na diagnose e tratamento do cancro e as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia ao respecto
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
6.5 10078 (11/PNP-001007)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Rodríguez, Patricia e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a valoración pola Xunta de Galicia en relación coas bonificacións de peaxes e a transferencia da AP-9
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
6.6 10320 (11/PNP-001026)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 14 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa situación que están a padecer as mulleres no ámbito laboral e familiar.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
Punto 7. Interpelacións
 
7.1 7604 (11/INT-000485)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e 3 máis
Sobre os datos e informes cos que conta o Goberno galego acerca dos efectos da pandemia da covid-19 nas mulleres galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
 
7.2 9382 (11/INT-000550)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto que está a ter para as mulleres a crise económica xerada pola covid-19.
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 88, do 03.02.2021
 
7.3 9630 (11/INT-000561)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa obtención de novas oportunidades de explotación enerxética en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
Punto 8. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
8.1 11054 (11/POPX-000019)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a valoración que fai o Goberno galego da situación da Autoestrada AP-9 no referido ás peaxes e a súa transferencia a Galicia
 
8.2 11055 (11/POPX-000020)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da defensa que está a facer dos intereses da cidadanía de Galicia na pandemia da covid-19
 
Punto 9. Preguntas ao Goberno
 
9.1 10069 (11/POP-001482)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e 3 máis
Sobre a presentación polo Goberno galego dalgún proxecto industrial tractor para os concellos das Pontes de García Rodríguez e de Cerceda
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
9.2 11041 (11/PUP-000157)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 7 máis
Sobre o coñecemento polo Goberno galego dalgunha iniciativa por parte do Goberno central para achegar axudas directas e a fondo perdido aos sectores máis afectados polas restricións derivadas da covid-19, nomeadamente, a hostalaría, autónomos e pemes
 
9.3 11043 (11/PUP-000158)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 González Iglesias, María do Carme
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir a viabilidade inmediata do estaleiro Barreras de Vigo, a supervivencia da súa industria auxiliar e a continuidade da súa actividade de construción naval
 
9.4 7494 (11/POP-001192)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 8 máis
Sobre o balance que fai a Xunta de Galicia do programa Emega nestes últimos catro anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 13.01.2021
 
9.5 10193 (11/POP-001497)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que vai levar a cabo a Xunta de Galicia para evitar a deslocalización dos postos de traballo asociados á produción enerxética, como é o caso do centro de operacións de Naturgy na Coruña
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
9.6 9855 (11/POP-001456)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a opinión da Xunta de Galicia respecto do cumprimento do Plan galego de vacinación contra a covid-19, no caso da vacinación de dúas persoas relacionadas co grupo DomusVi
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
  
9.7 7506 (11/POP-000982)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre a consideración da necesidade de habilitar unha partida orzamentaria para a adquisición dos lectores oculares e tabletas con brazo articulado para usuarios coa capacidade de comunicación e movemento impedida
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
 
9.8 11036 (11/PUP-000156)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
Sobre o perfil previsto pola Consellería do Medio Rural para a cobertura dunha praza de directivo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021
 
 
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina