saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 15 de abril de 2021

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 15 de abril de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 12616 (11/PNC-001285)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas melloras iniciadas na liña ferroviaria de ancho métrico Ferrol-Xixón
BOPG n.º 112, do 17.03.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para que continúe coas melloras iniciadas no ferrocarril Ancho Métrico Ferrol-Xixón, contemplando actuacións nos seguintes ámbitos: limpeza, roza e mellora da liña; mantemento e mellora das estacións; estudo de posibles novas estacións e apeadoiros en función da demanda; mellora progresiva do material rodado; revisión das frecuencias actuáis conforme á recuperación da demanda e o establecemento de procedementos claros de actuación no caso de que se produza calquera tipo de incidencias nos que primen a calidade do servizo e o confort dos usuarios."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 12630 (11/PNC-001288)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central do inicio da redacción do proxecto de construción dunha nova estación ferroviaria de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense
BOPG n.º 115, do 24.03.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España, a través do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que inicie a redacción do proxecto dunha nova estación ferroviaria de mercadorías no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense, liberando espazo da estación de Ourense-Empalme e contribuíndo a facer cidade”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina