saltar ao contido

As salas do Parlamento de Galicia levarán o nome de persoeiros ilustres da cultura galega

 
• Mantéñense denominacións xa consolidadas, como Salón dos Reis ou Sala do Estatuto, xunto a outras que honrarán a memoria de persoeiros ilustres
 
• O acordo foi adoptado pola Mesa da Cámara na reunión do pasado 27 de xullo

Santiago, 28 de xullo de 2021.- As diferentes salas de reunións do Parlamento de Galicia levarán o nome de persoeiros ilustres da cultura e a historia galegas segundo o acordo adoptado onte, martes, pola Mesa da Cámara.
 
Con esta decisión, mantéñense denominacións significativas que se veñen utilizando, nalgún caso, desde hai décadas –como Salón dos Reis, Sala do Estatuto, Sala Rosalía ou Sala das Letras Galegas-, ao tempo que se introducen nomes de personalidades como Otero Pedrayo, Castelao, Concepción Arenal, Pardo Bazán, Domingo Fontán ou Isabel Zendal, entre outras.
 
A idea de redenominar as salas de reunións do Parlamento vense madurando desde a pasada Lexislatura, cando se trasladou un primeiro borrador aos grupos parlamentarios na procura do seu parecer e propostas alternativas que, nalgún caso, foron incorporadas ao acordo final.
 
A colocación dos carteis identificativos efectuarase durante o mes de agosto, de maneira que as novas denominacións podan empregarse con normalidade no segundo período de sesións, que comeza o próximo 1 de setembro.
 
 
 
Denominacion anterior/ Nova denominación
 
Sala de Comisión A  /  Sala Otero Pedrayo
 
Sala de Comisión D  / Sala Concepción Arenal
 
Sala de Comisión F  /  Sala Domingo Fontán
 
Sala (saída tribuna público) / Sala Rosalía de Castro
 
Sala do Estatuto  / Sala do Estatuto de Autonomía de Galicia
 
Sala das Letras Galegas / Sala das Letras Galegas
 
Sala de prensa / Sala de prensa
 
Sala Azul  /  Sala Mª Luz Morales Godoy
 
Biblioteca xeral / Biblioteca Xeración Nós
 
Biblioteca Carballo Calero / Biblioteca Carballo Calero / CarvalhoCalero
 
Sala de Ponencia 1 / Sala Emilia Pardo Bazán
 
Sala de Ponencia 2 / Sala Isabel Zendal
 
Sala da Mesa / Sala Castelao
 
Sala Xunta de Portavoces / Sala Antonio Rosón

Salón dos Reis / Salón dos Reis

Sala de Exposicións / Sala do Rexurdimento
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina