saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 7 de setembro de 2021


A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 8 de setembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 20313 (11/PNC-001924)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España da convocatoria dun proceso selectivo para cubrir as prazas de persoal examidor de tráfico vacantes na comunidade autónoma de Galicia
BOPG n.º 193, do 31.08.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España:
 
1.- Que por parte do Ministerio do Interior, a través da Dirección General de Tráfico, se convoque de xeito urxente un proceso selectivo que permita cubrir as prazas de examinadores de tráfico vacantes na Comunidade Autónoma de Galicia, para atender as graves carencias de persoal que sofren as catro Xefaturas Provinciais de Tráfico galegas.
2.- Que mentras non se cubran as prazas vacantes non se deriven examinadores para cubrir a carencia de persoal administrativo nas oficinas das diferentes xefaturas provinciais.
3.- Que se proceda de xeito inmediato a crear unha bolsa de horas extra nas catro Xefaturas Provincias de Tráfico para facer máis probas, ao igual que se fixo en época estival en anos anteriores, e aliviar o colapso e lista de agarda que hai actualmente en toda Galicia para obter o permiso de conducir."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina