saltar ao contido

Diego Calvo anima ao alumnado a cultivar os valores do parlamentarismo democrático

 
• O Parlamento de Galicia acolleu a final da III sesión autonómica do Modelo de Parlamento Europeo na que
participou alumnado de 6 centros educativos galegos
 
Santiago, 29 de novembro de 2021.- O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía a Asemblea Xeral do  da III sesión autonómica do MEP (Modelo de Parlamento Europeo), un programa educativo da Fundación San Patricio organizado polo Colexio  M. Peleteiro que nesta edición contou coa participación de alumnado de seis centros galegos: IES Rosalía de Castro, Colexio La Salle Santiago, Colexio Eirís, Los Sauces Vigo, Los Sauces Pontevedra e o propio centro organizador.
 
A sesión foi clausurada polo vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, Diego Calvo Pouso, que gabou a importancia de iniciativas deste tipo para estimular a cultura do debate entre o alumnado, divulgar os valores do parlamentarismo democrático e tomar conciencia sobre a relevancia da cidadanía europea. Tamén participou o presidente do Board MEP España, Ramón Rodríguez Magán.
 
Nestas actividades,  o estudantado recrea sesións parlamentarias nas que expresan as súa ideas, debaten e acadan acordos sobre asuntos de actualidade, ao tempo que traballan as competencias curriculares. O programa está dirixido a alumnado de 1º de Bacharelato e de ciclos formativos de grao medio.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina