saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 29 de decembro de 2021


A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 29 de decembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 674 (11/PNC-000029)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 13 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para continuar coa aplicación do programa Rexurbe realizando novas convocatorias públicas de adquisición de inmobles e declarando novas áreas Rexurbe a través da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar coa aplicación do programa Rexurbe realizando novas convocatorias públicas de adquisión de inmobles e declarando novas áreas Rexurbe a través da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 24747 (11/PNC-002309)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 12 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que leve a cabo as obras nas infraestruturas comprometidas no sur da provincia de Lugo e o oriente da de Ourense, nomeadamente os carrís de adiantamento na N-120 e a activación da A-76
BOPG n.º 228, do 17.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse o Goberno de España para que leve a cabo as obras nas infraestruturas comprometidas no sur da provincia de Lugo e oriente da de Ourense, nomeadamente os carrís de adiantamento na N-120 e a activación da A-76."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina