saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 28 de xaneiro de 2022


A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 28 de xaneiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 23108 (11/PNC-002174)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
Sobre as xestións que debe realizar a Xunta de Galicia para elaborar o mapa dos xeodestinos turísticos de Galicia e desenvolver o seu marco normativo
BOPG n.º 210, do 06.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia ao cumprimento da resolución aprobada por unanimidade na Comisión 6ª., o día 17 de marzo de 2021 onde dicía que, unha vez atendidas as consultas e achegas relativas á modificación do Mapa de Xeodestinos presentadas polas entidades locais, e segundo o artigo 23 da Lei de turismo de Galicia, despois da consulta aos concellos e entidades supramunicipais, proceda á elaboración e publicación do mapa definitivo dos xeodestinos turísticos de Galicia, así como a que desenvolva un marco normativo que regule esta figura e a definición dos seus órganos xestores, funcións, competencias e os mecanismos de modificación do mapa"
 
- 25224 (11/PNC-002363)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre a posición favorable do Parlamento de Galicia a prol do desbloqueo da tramitación no Congreso dos Deputados da Proposición de lei da creación dun fondo de compensación para as vítimas do amianto
BOPG n.º 232, do 24.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia acorda como resolución instar ao Congreso dos deputados e deputadas a desbloquer a tramitación da Proposición de lei de creación dun Fondo de compensación para as vítimas do amianto nun prazo de 3 meses."
 
- 27690 (11/PNC-002538)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para promover a elaboración dunha estratexia de fomento da construción con madeira
BOPG n.º 259, do 19.01.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover a elaboración dunha estratexia de fomento da construción con madeira para deseñar e implantar, a través do diálogo cos axentes implicados, unha folla de ruta que permita dar resposta aos retos tecnolóxicos, formativos, comerciais, legais e de innovación que presenta este modelo construtivo máis sostible e eficiente, maximizando as oportunidades de crecemento e creación de emprego, especialmente no medio rural”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina