saltar ao contido

Afundación colaborará co Parlamento de Galicia na conmemoración do 40 aniversario da institución

 
• Os presidentes do Parlamento e de Afundación asinaron un protocolo para articular a colaboración entre as dúas entidades
 
Santiago, 31 de xaneiro de 2021.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e mailo presidente  de Afundación, Miguel Ángel Escotet Álvarez, asinaron este mediodía un protocolo que articula a colaboración entre as dúas entidades para a promoción e divulgación dos seus fondos artísticos, e tamén para o desenvolvemento de actividades culturais de diferente índole.
 
O acordo, que terá unha duración inicial dun ano, prorrogable, contempla a intensificación da promoción das dúas coleccións de arte e o intercambio de fondos artísticos. Tamén se contempla a colaboración no ámbito da investigación e a promoción do patrimonio histórico e cultural
de Galicia.
 
A sinatura deste protocolo prodúcese coincidindo co 40 aniversario do Parlamento de Galicia, oportunidade que se aproveitará para intensificar a colaboración entre a Cámara galega e a Obra Social de ABANCA para actividades relacionadas con esta conmemoración.
 
O de hoxe é o segundo acordo forrmalizado entre o Lexislativo galego e Afundación, que se traduciu no préstamo de pezas da colección de arte da Cámara e na organización de actividades culturais impulsadas polo Parlamento fóra da súa sede  do Pazo do Hórreo.
 
O presidente do Parlamento de Galicia agradeceu a colaboración brindada por Afundación no ámbito da programación cultural da Cámara galega e sinalou que constitúe un exemplo a seguir, pola súa implicación e compromiso coa realidade social da Comunidade Autónoma.
 
 
Saúdos, Gabinete de comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina