saltar ao contido

As charlas organizadas pola Asociación de Exdeputados do Parlamento de Galicia chegan este mércores a institutos de Quiroga, Lalín e Cambados

Previsión de actividades do Parlamento de Galicia para este mércores, 4 de maio de 2011
 
Quiroga - Lugo
 
11,30 h.- O IES Quiroga acolle unha charla organizada pola Asociación de Exdeputados do Parlamento de Galicia no marco da celebración do 30 aniversario da Cámara Autonómica. Está prevista a participación de Antonio Varela Álvarez (PPdeG), Margarita Rodríguez Otero (PSdeG-PSOE) e María Xosé Vega Buján (BNG).
 
Lalín - Pontevedra
 
11,30 h.- O Instituto Ramón Mª Aller, de Lalín, acolle unha charla organizada pola Asociación de Exdeputados do Parlamento de Galicia no marco da celebración do 30 aniversario da Cámara Autonómica. Está prevista a participación de Castor Gago Álvarez (PPdeG) e Xesús Veiga Buján (BNG).
 
 
Cambados – Pontevedra
 
12,50 h.- O IES Ramón Cabanillas, de Cambados, acolle unha charla organizada pola Asociación de Exdeputados do Parlamento de Galicia no marco da celebración do 30 aniversario da Cámara Autonómica. Está prevista a participación de María Ramallo Vázquez (PPdeG), Xulio Pardellas de Blas (PSdeG-PSOE) e Francisco Trigo Durán (BNG).
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina