saltar ao contido

Eduardo Ojea Arias toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia

Santiago, 10 de maio de 2022.- O Pleno do Parlamento de Galicia incluíu, esta mañá, como punto preliminar, a toma de posesión de Eduardo Ojea Arias como deputado do PSdeG-PSOE por Ourense, cubrindo a vacante derivada da renuncia de Juan Carlos Francisco Rivera.
 
Ojea Arias (O Barco de Valdeorras, 1957) é licenciado en Bioloxía pola  Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Bioloxía, Física  e Química dende 1985 ata  1997, no Colexio  Pablo VI da Rúa. Durante este período de tempo, tamén estivo habilitado como profesor de Educación Física. Tamén impartiu clases na UNED-Valdeorras. No ano 1997 aprobou as oposicións de Física e Química e exerceu de profesor durante o curso 1997-1998 no IES Lauro Olmo do Barco. Dende o 1998 ata 2020 foi profesor de Física e Química no IES Marta Guisela do Barco. Dende 2015 ata 2020 foi xefe de estudos.
 
Formou parte activa do tecido asociativo, tanto cultural como deportivo, no concello do Barco. Foi xogador e adestrador no equipo de baloncesto da vila, co que participou en toda Galicia. En 2002 foi membro fundador da asociación cultural A Figueiriña, dedicada á construción de lanchas tradicionais e á recuperación de artes tradicionais de pesca no río Sil.
Dende 1999 ata 2015 foi membro do Grupo de Goberno do PSdeG, no Concello do Barco. Foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Educación, Medio Ambiente, Cultura e Turismo e portavoz municipal.
 
Creador das Xornadas Multiculturais, no Concello do Barco. Xuntanza das Pandillas, co gallo de atraer durante as festas patronais os veciños e veciñas que non  viven no Barco para se reencontraren cos seus. Festa do Botelo, recoñecida como festa de interese cultural, dende 2015.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina