saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 13 de setembro de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 13 de setembro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 6 de setembro 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Plan
 
Debate e votación das propostas de resolución formuladas ao Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030 (doc. núm. 36439, 11/PEGA-000001) (docs. núm. 36873, 36875 e 36876)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 337, do 28.06.2022
Publicación das propostas de Resolución, BOPG n.º 346, do 14.07.2022

 
Punto 2. Comparecencias
 
2.1 40286 (11/CPP-000098)
 Do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por petición propia, para informar do inicio do curso 2022-2023 no ensino non universitario en Galicia

 
Acumúlase na anterior a seguinte:
2.2 39893 (11/CPP-000096)
 Do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por petición dos 19 deputados e deputadas do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para dar conta dos problemas que denuncia a comunidade educativa no inicio do curso escolar 2022-2023 e das necesidades de persoal e de recursos do sistema educativo galego
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 39916 (11/MOC-000109)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia respecto da regulación da Tarxeta Básica e outras axudas sociais (moción consecuencia da interpelación doc. núm. 14766, publicada no BOPG núm. 134, do 5 de maio de 2021, e debatida na sesión plenaria do 12 de xullo de 2022)
 
3.2 39926 (11/MOC-000110)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa
 Sobre o incremento dos prezos (moción consecuencia da interpelación doc. núm. 33780, publicada no BOPG núm. 312, do 27 de abril de 2022, e debatida en sesión plenaria do 12 de xullo de 2022)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 36527 (11/PNP-003269)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 3 máis
Sobre a renovación do cargo do director xeral da CRTVG
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 341, do 06.07.2022
 
4.2 36740 (11/PNP-003292)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante a Comisión Europea en relación coa súa proposta de prohibición total de pesca con artes de fondo nas zonas mariñas sensibles
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 345, do 13.07.2022
 
4.3 37757 (11/PNP-003335)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 5 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para a recuperación agrogandeira e forestal e contra o despoboamento, así como para a mellora das medidas contra os incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 353, do 01.08.2022
 
4.4 39651 (11/PNP-003393)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para garantir a viabilidade e a competitividade da industria electrointensiva
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 

4.5 39667 (11/PNP-003394)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 14 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central en relación coa situación que está a atravesar a atención primaria no sistema sanitario
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 

4.6 39784 (11/PNP-003402)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para deseñar un pacto galego pola auga
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
Punto 5. Interpelacións

 
5.1 16979 (11/INT-000990)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego respecto da autonomía e suficiencia financeira das entidades locais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
5.2 35884 (11/INT-001852)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre o plan extraordinario de contratación de persoal sanitario nos meses de verán
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334, do 22.06.2022
 
5.3 37467 (11/INT-001931)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Albert, María e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en materia de prevención de incendios forestais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 353, do 01.08.2022
 
5.4 39779 (11/INT-001958)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a situación sanitaria en Galicia, especialmente da atención primaria
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 40261 (11/POPX-000075)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a valoración por parte do Presidente da Xunta de Galicia do inicio do curso escolar
 
6.2 40277 (11/POPX-000076)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as previsións do Presidente da Xunta de Galicia respecto das medidas de impacto ante a crise de prezos e o deterioro da sanidade pública
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 37914 (11/POP-005523)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo e 2 máis
Sobre as posibles medidas do goberno galego para evitar a deslocalización do servizo de atención teléfonica de Unión Fenosa Distribución
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 361, do 17.08.2022
 
7.2 39609 (11/POP-006120)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre a perda de subvencións dirixidas ao desenvolvemento das enerxías renovables polo informe negativo da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
7.3 39660 (11/POP-006128)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 3 máis
Sobre a perda de emprego vinculado aos servizos de atención ao cliente da empresa Naturgy
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
7.4 40260 (11/PUP-000273)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
Sobre a consideración por parte do Goberno galego da renovación de maneira urxente da dirección da CRTVG a raíz dos escandalos de manipulación informativa e do incuprimento da Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia
 
7.5 40278 (11/PUP-000274)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra
Sobre os criterios baixo os que a Xunta de Galicia pretende declarar o proxecto urbanístico do empresario Carlos Mouriño en Mos como de interese autonómico
 
7.6 39601 (11/POP-006118)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre os recortes no ensino público de agosto de 2022 e a súa afectación na vila de Cedeira
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
7.7 38263 (11/POP-005604)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre actuacións concretas contempla o Plan Emprega Muller posto en marcha pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e que novos programas inclúe
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 361, do 17.08.2022
 
7.8 39669 (11/PUP-000270)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as melloras que está a incorporar a Xunta de Galicia no programa galego de cribado neonatal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 371, do 31.08.2022
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina