saltar ao contido

A Confederación Mar-Industria Alimentaria traslada ao presidente do Parlamento de Galicia o seu rexeitamento ao novo Regulamento de Costas

Santiago, 26 de setembro de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía a unha delegación da Confederación Mar-Industria Alimentaria, que preside Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, na que lle trasladaron o rexeitamento deste colectivo ao novo Regulamento Xeral de Costas impulsado polo Goberno central e publicado no BOE o pasado 2 de agosto.
 
A visita efectuada este mediodía ao Parlamento de Galicia prodúcese logo dunha rolda de contactos da Confederación Mar-Industria Alimentaria cos diferentes grupos parlamentarios.
 
Ameaza
 
As distintas asociacións que integran a Confederación  amósanse decepcionadas co texto aprobado, que non atendeu as alegacións presentadas polo sector afectado. Entenden que o novo Regulamento de Costas incrementa a inseguridade xurídica das industrias emprazadas na ribeira marítima  e aboca á desaparición do territorio a boa parte delas.
 
Ademais do presidente de Confederación Mar-Industria Alimentaria, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, na reunión co titular do Parlamento de Galicia participaron Juan Maneiro, secretario xeral técnico de Agade, e Torcuato Teixeira, asesor da Federación Nacional de Confrarías.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina