saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 13 de outubro de 2022

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 13 de outubro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 39204 (11/PNC-003485)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para seguir potenciando o acollemento familiar
BOPG n.º 370, do 30.08.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia:
 
1º) A seguir impulsando os distintos programas de apoio ao acollemento familiar e ampliar o investimento destinada a este ámbito.
 
2º) A implementar o acordo acadado no seo da Conferencia sectorial extraordinaria conxunta de Igualdade, Infancia e Adolescencia, garantindo que nos prazos establecidos ningunha nena ou neno estará nun centro de acollemento senón que aqueles que precisen ser acollidos o farán nun modelo familiar."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 39770 (11/PNC-003512)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para garantir a participación de representantes de atención primaria nas comisións e comités clínicos das áreas sanitarias
BOPG n.º 375, do 07.09.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Actualizar o decreto 97/2001, do 22 de marzo, de regulación básica dos órganos de dirección, asesoramento, calidade e participación das institución hospitalarias do Servicio Galego de Saúde, para garantir a participación de representantes de atención primaria en todas as comisións e comités clínicos das áreas sanitarias.
 
2 Garantir a participación dos médicos de atención primaria naquelas comisións, como poden ser a comisión de tumores, a comisión da dor, a comisión de paliativos ou a comisión de infeccións. Así como tamén facilitar a participación  de dito persoal nos comités clínicos onde se estudan os casos concretos dos doentes de cada profesional, para que poidan participar nas tomas de decisión e achegar información."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións

- 41040 (11/PNC-003593)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para abrir o centro de saúde de Parga, en Guitiriz
BOPG n.º 382, do 21.09.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta ao goberno galego a acometer cantas accións sexan precisas para a apertura á maior brevidade posible do centro de saúde de Parga, coas instalacións e o persoal adecuados para atender coa mais alta calidade asistencial á poboación do ámbito de influencia dese consultorio."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina