saltar ao contido

Santalices Vieira participa nun coloquio co alumnado do Colexio Maior San Agustín, en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou esta tarde nun coloquio co alumnado do Colexio Maior San Agustín, en Santiago de Compostela, no que explicou o funcionamento da Cámara autonómica e respondeu ás cuestións que lle plantexaron os participantes.  Santalices agradeceu a invitación do Colexio Maior San Agustín e recordou que unha das súas preocupacións como presidente do Parlamento reside en dar a coñecer a institución e abrila á sociedade.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina