saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 1 de decembro de 2022

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 1 de decembro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 23 de novembro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Comparecencia
 
1.1 35959 (11/CPP-000088)
Do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, por petición propia, para informar sobre as liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 332, do 15.06.2022
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 Incluiranse, se é o caso, as presentadas e admitidas a trámite por Resolución da Presidencia.
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 33140 (11/PNP-003748)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
de iniciativa popular, polo dereito de Galicia a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 411, do 17.11.2022
Publicación do acordo, BOPG n.º 412, do 22.11.2022

 
3.2 36051 (11/PNP-003214)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 8 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia en relación coa tramitación de proxectos eólicos tanto súa competencia como de tramitación ministerial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334, do 22.06.2022
 
3.3 37142 (11/PNP-003319)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e Díaz Varela, Noa Susana
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para declarar servizo educativo complementario os servizos de aula matinal, madrugadores escolares e almorzo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 353, do 01.08.2022
 
3.4 43495 (11/PNP-003699)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Otero Lago, Noelia
Sobre a ratificación por parte do Parlamento de Galicia do seu compromiso contra a violencia machista e en defensa dos dereitos das mulleres, así como as medidas que nesta materia debe adoptar a Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 16.11.2022
 
3.5 43602 (11/PNP-003712)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e González Iglesias, María do Carme
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para establecer o día 1 de decembro como día da dignidade de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 16.11.2022
 
3.6 43728 (11/PNP-003717)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rueda Valenzuela, Alfonso e 41 máis
Sobre a demanda que debe realizar a Xunta de Galicia ao Goberno de España para que non se leve a cabo ningunha modificación do Código penal que supoña derrogar o delito de sedición
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 410, do 16.11.2022
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 27653 (11/INT-001410)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a política do Goberno galego respecto da atención primaria no sistema sanitario
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 259, do 19.01.2022
 

4.2 42232 (11/INT-002065)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa crise de prezos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 394, do 13.10.2022
 
4.3 43584 (11/INT-002145)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 3 máis
Sobre a atención pediátrica na área sanitaria de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 16.11.2022
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 

5.1 44179 (11/POPX-000087)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas que prevé o Goberno galego para mellorar a cohesión social na nosa Comunidade Autónoma
 
5.2 44180 (11/POPX-000088)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre a defensa dos intereses de Galicia no ámbito enerxético
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 44079 (11/PUP-000291)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a lista de prioridades que vai enviar a Xunta de Galicia ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico coa fin de modificar a actual Planificación eléctrica para o período 2021-2026
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 412, do 22.11.2022
 
6.2 39136 (11/POP-006012)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e Bará Torres, Xosé Luís
Sobre a demanda de actuacións en materia de seguridade viaria na parroquia de Dorneda, no concello de Oleiros
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 370, do 30.08.2022
 
6.3 43280 (11/POP-006503)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Ríos Santomé, Paulo e 2 máis
Sobre o restablecemento do horario da expedición XG846012001001, Boimorto-Mezonzo-A Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 407, do 09.11.2022
 
6.4 41953 (11/POP-006317)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Lago, Noelia e 3 máis
Sobre o aumento do alumnado con necesidades educativas especiais matriculado este curso no Centro Público Integrado Cruz do Sar, de Bergondo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 390, do 05.10.2022
 
6.5 39895 (11/POP-006139)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a valoración que fai o Goberno galego do funcionamento do Servizo de Oncohematoloxía no Hospital Público da Mariña Lucense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 375, do 07.09.2022
 
6.6 44166 (11/PUP-000292)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre as medidas que ten pensado adoptar o Goberno galego para solucionar os problemas coa sanidade pública no concello de Soutomaior
 
6.7 43599 (11/POP-006530)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre o compromiso da Xunta de Galicia coa titularidade pública e de xestión directa do futuro centro terapéutico ocupacional público de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 410, do 16.11.2022
 

6.8 43218 (11/POP-006495)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez López, Daniel e Pérez Fernández, Rosana
Sobre a dispoñibilidade do servizo especial de practicaxe nos portos de Laxe, Cee e Corcubión
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 407, do 09.11.2022
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina