A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 29 de novembro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 43056 (11/PNC-003787)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia ante o Goberno de España en relación coa Mesa da Ciencia Pesqueira de Vigo e co Instituto Español de Oceanografía
BOPG n.º 404, do 03.11.2022
Sométese a votación separada por puntos:
Punto 1: resulta aprobado por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
Punto 2: resulta aprobado por 6 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno de España para que:
1.- Celebre a primeira xuntanza da Mesa da Ciencia Pesqueira de Vigo antes de que remate este ano 2022.
2.- Recupere o potencial do IEO e o sanee para sacalo da dramática situación económica na que se atopa e, se non se sente capacitado para manter e xestionar adecuadamente o IEO, o ceda a Galicia previo saneamento para potencialo."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 42944 (11/PNC-003775)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Otero Rodríguez, Patricia
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para mellorar o nivel de produción de mexillón e percebe
BOPG n.º 401, do 26.10.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a establecer un diálogo convencido e comprometido cos colectivos implicados na recollida de mexilla, co obxectivo de reformular a normativa existente e que para elo tome en conta as ideas propostas dende os diferentes sectores para facilitar o aproveitamento de todos os recursos naturais e que o nivel de produción de mexillón e percebe sexan o maior posible."