A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 9 de febreiro de 2023, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 46383 (11/PNC-003999)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Ministerio de Educación e Formación Profesional para regular a integración do profesorado técnico de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario
BOPG n.º 436, do 12.01.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a solicitar do Ministerio de Educación y Formación Profesional que non faga discriminacións dentro do corpo do profesorado técnico de FP e elabore unha nova normativa para regular que o profesorado técnico de FP se integre no corpo de profesores de ensino secundario, con independencia de que teñan ou non titulo universitario"
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 45185 (11/PNC-003966)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para poñer en valor e divulgar o legado da arquivista, historiadora e bibliotecaria Olga Gallego
BOPG n.º 428, do 28.12.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento insta a Xunta a coordinar, xunto coas entidades vinculadas á salvagarda da memoria e legado de Olga Gallego, un programa de actividades encamiñadas a pór en valor e divulgar o seu legado entre a sociedade galega coincidindo coa celebración do centenario do seu nacemento en 2023."