saltar ao contido

Visita institucional do embaixador de Armenia ao Parlamento de Galicia

 

 

 

Santiago, 16 de febreiro de 2023.- O embaixador de Armenia en España, Sos Avetisyán, efectuou este mediodía unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde mantivo un encontro co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

 

Santalices explicou ao embaixador o funcionamento do Lexislativo galego e fixo un repaso polas catro décadas da institución, ao tempo que lle trasladou que a autonomía de Galicia constitúe “unha historia de éxito para o conxunto das galegas e galegos".

 

O diplomático armenio asinou no libro de Ouro do Parlamento de Galicia.

 

 

 

 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina