Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento
Elección membros da Mesa
Elección de presidente
- (11/CEEM-000048)
Dona Cristina Sanz Arias (P)
Elección de vicepresidente
- (11/CEEM-000049)
Don Moisés Rodríguez Pérez (P)
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 60011 (11/PNC-005003)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e 3 máis
Sobre a proposta de resolución que se presenta co obxecto de adoptar un acordo de apoio ás traballadoras e aos traballadores da empresa Teleperformance, da Coruña, afectados por un expediente de regulación de emprego
BOPG n.º 570, do 27.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia amosa o seu apio ás traballadoras e traballadores de Teleperfomance no centro da Coruña, despois de ser autorizado o ERE polo Ministerio de Traballo, e insta á Xunta de Galicia a tomar as medidas de acompañamento ás persoas despedidas no ámbito das súa competencias, e a fomentar a actividade e o emprego nun sector en crise como é o da atención telefónica."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 60291 (11/PNC-005030)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
González Iglesias, Carmela e 2 máis
Sobre determinadas medidas que debe adoptar o Goberno galego en relación coa sinistralidade laboral no sector naval da ría de Vigo
BOPG n.º 570, do 27.09.2023
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a:
1º) Actuar antes as denuncias presentadas contra o incumprimento da lexislación en materia de prevención laboral no sector naval na Ría de Vigo.
2º) Convocar no inmediato a Mesa do Naval para abordar o futuro do sector na Ría de Vigo, a crecente precariedade laboral e, nomeadamente, a grave sinistralidade laboral que se rexistra."