saltar ao contido

Gema Freire Ínsua toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

 
Santiago, 2 de novembro de 2011.- Gema Freire Ínsua tomou posesión esta mañá como deputada do PP pola Coruña no Parlamento de Galicia en substitución de Javier Escribano.
 
Datos biográficos
Freire Ínsua naceu o 22 de xuño de 1966 en Fisterra. Reside en Corcubión. Casada, ten un fillo. Licenciada en xeografía e historia na Universidade de Santiago de Compostela, especialidade de arquivos e bibliotecas .
 
Na actualidade é concelleira do Partido Popular en Corcubión, cargo que leva ocupando durante tres lexislaturas. É membro da Executiva Provincial do PP de A Coruña
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina