saltar ao contido

Pilar Rojo participa mañá na reunión anual de presidentes de asembleas lexislativas de Europa

 
Pilar Rojo participa mañá na  reunión anual de presidentes de asembleas lexislativas de Europa
 
• A CALRE esté integrada polos parlamentos de 74 rexións europeas con competencias lexislativas
 
• No Plenario celebrado en Trento en 2010, a CALRE adoptou unha declaración institucional de apoio ao Xacobeo e aos Camiños de Santiago en Europa

Santiago, 23 de novembro de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia e presidenta da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA), Pilar Rojo Noguera, participará esta semana na Asemblea Anual da Conferencia de Asembleas Lexislativas de Europa (CALRE) que se celebrará en L´Aquila (Italia) entre os días 24 e o 26 de novembro.
 
Integrada polos parlamentos de 74 rexións europeas con competencias lexislativas, da CALRE forman parte os órganos lexislativos das comunidades autónomas españolas, consellos rexionais italianos, asambleas de rexións e comunidades belgas, os parlamentos dos länder alemáns e austríacos, o parlamento autónomo de Åland (Finlandia), as asambleas rexionais das illas Azores e Madeira (Portugal) e as de Escocia, Gales e Irlanda do Norte (Reino Unido). Son en suma, órganos de oitos países diferentes e representan a máis de 200 millóns de habitantes.
 
No Plenario de CALRE de 2011 abordaranse asuntos como o reforzamento do diálogo interrexional e a política de cohesión transnacional, ou a aplicación do principio de subsidiariedade, entre outros.
 
O anterior Plenario de CALRE, celebrado en Trento en 2010, aprobou, por proposta pola presidenta do Parlamento de Galicia, unha declaración institucional de apoio ao Xacobeo e aos Camiños de Santiago en Europa
 
PREVISIÓN INFORMATIVA
Lugar: Escola NCO De La Guardia Di Finanza
L´AQUILA - ITALIA

Xoves, 24 de novembro
17,30 h.- Comité Permanente de CALRE.
 
Venres, 25 de novembro
Sesión Plenaria de CALRE.
 
Sábado, 26 de novembro
09,30 h.- Foto de Familia
(De seguido, continúa a Sesión Plenaria de CALRE)
 

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina