saltar ao contido

As deputadas son maioría desde hoxe no Parlamento de Galicia

 
• Pilar Rojo congratúlase por este feito, que contribúe a visualizar o traballo das mulleres e a súa presenza política
 
Santiago, 14 de febreiro de 2012.- O Parlamento de Galicia conta, desde hoxe, con 38 deputadas, converténdose deste xeito na única Cámara lexislativa de España con maioía feminina.
 
Coa toma de posesión da deputada popular Marisol Díaz Mouteira (que substutúe a Xosé Manuel Baltar), o Hemiciclo suma 38 deputadas, feito que sucede por vez primeira nas tres décadas de historia do lexislativo galego.
 
Para deixar constancia deste feito, ao rematar a sesión matinal do Pleno de hoxe, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, convidou ás deputadas a reunirse no Hemiciclo para unha foto de familia, na que participaron as representantes do PPdeG e do BNG.
 
A presidenta do Parlamento valora esta maioría feminina na Cámara como un feito que debe “congratular a todas polo que significa de visualización do traballo das mulleres e a súa partipación política”.
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina