saltar ao contido

Feira

Autor Manuel Colmeiro Guimarás
Data/Fecha 1980
Medidas 54x65 cm
Técnica|Material Óleo, lenzo/lienzo
Tipo Pintura
* Colección Parlamento de Galicia

Manuel Colmeiro Guimarás (Chapa-Silleda, Pontevedra, 1901-Salvaterra de Miño, 1999) é un artista cimeiro da primeira arte galega, que absorbeu as influencias dos movementos das vangardas dos anos vinte e trinta.Foi moi novo para a Arxentina, para vivir co seu pai e os tíos que xa levaban anos emigrados en Buenos Aires, e alí fíxose pintor. Xa de volta en Galicia, e co contacto con Maside, dará un xiro á súa forma de pintar construíndo os cadros de temática campesiña, coa aldea e as súas xentes nos traballos cotiáns no centro, mais dun xeito máis rústico e primitivo que aquel, rexeitando os elementos anecdóticos e o folclorismo imperante na pintura rexionalista. Cunha bolsa da Deputación de Pontevedra vai en 1928 a Madrid para estudar na Academia de San Fernando. Mais o artista andará por libre, aprendendo da vida e das visitas ao Museo do Prado, sendo entón cando fará a súa primeira exposición en Vigo. Coa Guerra Civil marcha para Buenos Aires, onde seguía tendo familia, e ao pouco xuntaranse con el a súa muller e os tres fillos. Finalizada a guerra mundial instalarase en París en 1948, e expoñerá as súas obras aquí, en Londres, en Lisboa e en Madrid, na Galería Biosca, á que se vincula, e tamén en Vigo. É ponderado como parte dos artistas da Escola de París e Picasso é o amigo seu, mais devece por Galicia, a onde pouco a pouco se irá achegando, para vivir en Vigo e en San Fiz de Margaride, Silleda: dun lado a gran cidade, doutro o campo. Concedéselle o Pedrón de Ouro en 1982; expón unha mostra antolóxica, que logo será itinerante, no Museo de Arte Contemporánea en 1983, e a Xunta de Galicia outorgaralle en 1986 o Premio das Artes.

As dúas obras, de pequeno formato, da colección de arte do Parlamento son xa dos tempos democráticos: Paisaxe con figuras, de 1977, óleo/lenzo asinado na parte inferior esquerda (COLmeIRO), e Feira, de 1980, óleo/lenzo asinado na parte inferior esquerda (M. COLmeIRO). Esta constitúe un multicolor conxunto de xentes achegándose aos postos do mercado mensual dun lugar galego indeterminado, aberto, no medio dunha carballeira de frondosas árbores, coa xente sobre a que o sol do medio día ilumina sen apenas sombras, agás nun dos vermellos cubertos dos feirantes. O artista colócaos coma se dun friso se tratase, en subgrupos, diferenciando unha nai cunha filla no poste de diante, e un home con sombreiro no medio da ringleira dobre de mulleres sentadas que ofrecen os seus produtos en grandes cestos, con degradación dos tons de cores, para semellar profundidade, facendo o mesmo coa pincelada, de grosa a suave. Dende as luminosas cores do sábrego da terra até os verdes das copas das árbores, o mundo rural e os seus ritmos tradicionais, un tema que repetirá con variantes noutras ocasións.

Manuel Colmeiro Guimarás (Chapa-Silleda, Pontevedra, 1901-Salvaterra de Miño, 1999) es un artista destacado del primer arte gallego, que absorbió las influencias de los movimientos de las vanguardias de los años veinte y treinta. Emigró a Argentina muy joven para vivir con su padre y sus tíos que ya llevaban años emigrados en Buenos Aires, y allí se hizo pintor. Ya de vuelta en Galicia, y con el contacto con Maside, dará un giro a su forma de pintar construyendo cuadros de temática campesina, con la aldea y sus gentes realizando trabajos cotidianos en el centro, pero de una manera más rústica y primitiva que Maside, rechazando los elementos anecdóticos y el folclorismo imperante en la pintura regionalista. Con una beca de la Diputación de Pontevedra se va en 1928 a Madrid para estudiar en la Academia de San Fernando. Sin embargo, el artista irá por libre, aprendiendo de la vida y de las visitas al Museo del Prado, siendo entonces cuando hará su primera exposición en Vigo. Con la Guerra Civil se traslada a Buenos Aires, donde seguía teniendo familia, y al poco se juntarán con él su mujer y sus tres hijos. Finalizada la Guerra Mundial se instalará en París en 1948, y expondrá sus obras aquí, en Londres, en Lisboa y en Madrid, en la Galería Biosca, a la que se le vincula, y también en Vigo. Es ponderado como parte de los artistas de la Escuela de París y Picasso se hace amigo suyo, pero añora Galicia, adonde poco a poco se irá acercando para vivir en Vigo y en San Fiz de Margaride, Silleda: por un lado, la gran ciudad, por el otro, el campo. En 1982 le conceden el Pedrón de Oro; expone una muestra antológica, que luego será itinerante, en el Museo de Arte Contemporáneo en 1983, y la Xunta de Galicia le otorgará, en 1986, el Premio de las Artes.

Las dos obras, de pequeño formato, de la colección de arte del Parlamento son ya de los tiempos democráticos: Paisaxe con figuras, de 1977, óleo/lienzo firmado en la parte inferior izquierda (COLMEIRO), y Feira, de 1980, óleo/lienzo firmado en la parte inferior izquierda (M. COLMEIRO). Esta constituye un multicolor conjunto de gentes acercándose a los puestos del mercado mensual de un lugar gallego indeterminado, abierto, en medio de una carballeira de frondosos árboles, con la gente a la que el sol del medio día ilumina sin apenas sombras, excepto en una de las cubiertas rojas de los feriantes. El artista los coloca como si de un friso se tratara, en subgrupos, diferenciando una madre con una hija en el poste de delante, y un hombre con sombrero en medio de la fila doble de mujeres sentadas que ofrecen sus productos en grandes cestos, con degradación de los tonos de colores, para crear profundidad, haciendo lo mismo con la pincelada, que pasa de gruesa a suave. Desde los luminosos colores de la tierra hasta los verdes de las copas de los árboles, este es el mundo rural y sus ritmos tradicionales, un tema que repetirá con variantes en otras ocasiones.

saltar ao pe de páxina