saltar ao contido

Estatuto de Autonomía si

Autor Camilo Díaz Baliño
Data/Fecha 1936
Medidas 100x70 cm
Técnica|Material Lámina, cartel
Tipo Cartel
* Colección Parlamento de Galicia

Camilo Buenaventura Díaz Baliño (Ferrol, 1889-Cerceda, A Coruña, 1936), foi un intelectual galeguista, membro das Irmandades da Fala dende 1918, para as que deseñou a súa bandeira. Escribiu artigos na prensa e da súa autoría é un libro, Conto de guerra, de 1928. Colaborou ademais nas revistas Lar, A Nosa Terra e Nós. Outra actividade súa, pola que acadou recoñecemento, foi como escenógrafo teatral, primeiro nunha compañía de zarzuela e despois coa empresa cinematográfica Fraga, de Vigo, para a que fixo ademais carteis. Este artista multidisciplinar, dende os estudos iniciais na Escola de Artes e Oficios, acadou o posto de delineante na Deputación da Coruña. Posteriormente pasou a ser en Santiago funcionario municipal e asesor artístico, e no seu obradoiro de arte fará tarefas de artista gráfico. Da súa man é o famoso cartel da Coral de Ruada, de Ourense, para a súa xira por Sudamérica.

Para a propaganda da campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia, plebiscitado o 28 de xuño de 1936, fixo un dos máis coñecidos carteis da campaña, que se acha nunha das estancias do Parlamento, o cartel do Estatuto: sobre fondo claro vai unha muller vestida de azul que se apoia nunha gran roda dentada, alusiva ao progreso, e levanta coa esquerda a póliña de oliveira, símbolo da vitoria. No peito leva o Escudo de Galicia, e a súa cabeza vai cuberta por un amplo pano, que lle tapa os ollos, coma unha sacerdotisa, levando na cima unha estrela. Na diagonal destra coloca o artista os textos en negro, «ESTATUTO / DE / GALICIA», tapando a muller-Galicia parcialmente a ultima vogal, e no extremo oposto, na parte inferior esquerda «SI» cunha tipografía de maior tamaño ca aquela.[1] Neste ano de 2018 foille dedicado o Día da Ilustración, cunha exposición na Biblioteca de Galicia, celebrado o trinta de xaneiro, por ser a data no nacemento de Castelao.


[1] Firmado na parte inferior dereita e impreso a offset por Roel en Vigo.

Camilo Buenaventura Díaz Baliño (Ferrol, 1889-Cerceda, A Coruña, 1936), fue un intelectual galleguista, miembro de las Irmandades da Fala desde 1918, para las que diseñó su bandera. Escribió artículos en prensa y de su autoría es el libro, Conto de guerra, de 1928. Colaboró además en las revistas Lar, A Nosa Terra y Nós. Otra actividad suya, por la que alcanzó reconocimiento, fue como escenógrafo teatral, primero en una compañía de zarzuela y después con la empresa cinematográfica Fraga, de Vigo, para la que hizo además carteles. Este artista multidisciplinar, desde los estudios iniciales en la Escuela de Artes y Oficios, alcanzó el puesto de delineante en la Diputación de A Coruña. Posteriormente pasó a ser funcionario municipal en Santiago y asesor artístico, y en su taller artístico realizará tareas de artista gráfico. De su mano es el famoso carte de la Coral de Ruada, de Ourense, para su gira por Sudamérica.

Para la propaganda de la campaña del Estatuto de Autonomía de Galicia, plebiscitado el 28 de junio de 1936, hizo uno de los carteles más conocidos de la campaña, que se encuantra en una de las estancias del Parlamento, el cartel do Estatuto: sobre fondo claro va una mujer vestida de azul que se apoya en una gran rueda dentada, alusiva al progreso, y levanta con la izquierda una ramita de olivo, símbolo de vitoria. En el pecho lleva el Escudo de Galicia, y su cabeza va cubierta por un amplio paño, que le tapa los ojos, como a una sacerdotisa, llevando encima una estrella. En la diagonal diestra coloca el artista los textos en negro, «ESTATUTO / DE / GALICIA», tapando la última vocal parcialmente a la mujer-Galicia, y en el extremo opuesto, en la parte inferior izquierda «SI» con una tipografía de mayor tamaño que aquella.[1] En este año de 2018 se le dedicó el Día de la Ilustración, con una exposición en la Biblioteca de Galicia, celebrado el treinta de enero, por ser la fecha de nacemento de Castelao.


[1] Firmado en la parte inferior derecha e impreso a off set por Roel en Vigo.

saltar ao pe de páxina