saltar ao contido

Alberto Núñez Feijóo

Nacemento: Ourense - 1961

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrción de Pontevedra
Pontevedra
Contacto:

Biografía:

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe o diploma de directivos da Xunta de Galicia e é funcionario da Administración autonómica, onde ingresou no 1985 como membro do corpo superior da Administración xeral da Xunta.

En xullo de 1991 foi nomeado secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes e accedeu, tres meses máis tarde, á Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, para desempeñar ata 1996 o cargo de secretario xeral. Desde 1992 a 1996 exerceu o cargo de vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde. Posteriormente, no ano 1996 e ata o ano 2000, ocupou os cargos de secretario xeral de Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidade e Consumo e foi presidente do Insalud. Entre maio de 2000 e xuño de 2001 exerceu de conselleiro-director xeral da entidade pública empresarial Correos e Telégrafos e, desde xuño de 2001 ata xaneiro de 2003, foi presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos, SA.

Accedeu ao cargo de conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de xaneiro de 2003 e foi nomeado vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia o 10 de setembro de 2004. En outubro de 2003 foi distinguido coa Gran Cruz de Isabel A Católica. Desde o 18 de abril de 2009 é presidente da Xunta de Galicia.

Imaxe de Alberto Núñez Feijóo

Grupo Partido Popular

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Setembro de 2020
Martes
01
09:30
Xoves
03
11:30
Martes
08
12:00
Martes
22
10:00
Mércores
23
10:00
saltar ao pe de páxina