Nacemento: Venezuela - 1959
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Bioloxía coa tese Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado.
A súa traxectoria profesional está moi vinculada a unha das áreas competenciais da consellaría da que hoxe é titular. No ano 1987 comezou a traballar como funcionaria da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, departamento no que, en 1989, pasou a ocupar a xefatura do servizo responsable da inspección pesqueira. En 1992 foi nomeada xefa do Servizo de Marisqueo e a partir de 1997 ocupou o posto de delegada territorial en Vigo da devandita consellaría. En 2001, xa na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, foi designada directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.
En marzo de 2009 asumiu a titularidade da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e, tras as modificacións da estrutura orgánica do Goberno galego de xaneiro de 2012, foi nomeada conselleira do Medio Rural e do Mar.
Rosa Quintana ten intervido en cursos e publicado traballos relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura. No ano 2007 participou como experta na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaria na Unión Europea para produtos da pesca e da acuicultura en Porto Varas (Chile).
Desde 2012 a 2015 exerceu como conselleira do Medio Rural e do Mar, volvendo ser nomeada conselleira do Mar en outubro de 2015.