Nacemento: Santiago de Compostela - 1971
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
Licenciada e doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Igualdade de Oportunidades, Xénero e Educación Social tamén pola USC.
Avogada especialista en Dereito Civil e de Familia.
Foi concelleira en Santiago desde maio de 2007, tamén foi voceira do grupo municipal e da Xunta de Goberno Local.
Voceira do PPdeG desde xaneiro de 2013 a xuño de 2014.
Deputada no Parlamento de Galicia na VIII, IX e X lexislaturas, nas que desempeñou os cargos de vicevoceira segunda do Grupo Popular e voceira das áreas de Igualdade, Xustiza, Interior, Administracións Públicas, Emigración, Presidencia e Vicepresidencia.
Na X lexislatura exerceu a presidencia da Comisión non permanente para a igualdade e para os dereitos das mulleres.
Foi elixida senadora o 20 de decembro de 2015 e desempeñou o cargo de voceira adxunta do GPP ata o 20 de outubro de 2016, sendo vogal das Comisións Constitucional, de Interior, de Xustiza, Xeral das Comunidades Autónomas e do Regulamento.
Desde maio de 2022 é Secretaria Xeral do Partido Popular de Galicia.