Nacemento: Ferrol - 1974
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Biografía:
Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Entre 2003 e 2007 foi xefe de prensa do Concello de Ferrol.
No ano 2009 pasou a ser xefe de gabinete da conselleira de Traballo e Benestar, posto que deixou tras as eleccións municipais de 2011 para converterse en xefe de gabinete da Alcaldía de Ferrol.
En 2012 foi elixido deputado no Parlamento de Galicia, onde ocupou, primeiro, a portavocía de Traballo e logo a de Administración Pública, Xustiza e Interior e foi viceportavoz do Grupo Popular. Tamén foi deputado na X lexislatura, actuando como viceportavoz do Grupo Popular e portavoz de Industria e Emprego.
En setembro de 2014, o Comité Executivo do PPdeG designouno voceiro do partido.
Desde maio de 2016 é secretario xeral do Partido Popular de Galicia.